publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta impulsa obradoiros para sensibilizar á mocidade sobre os roles de xénero que transmiten os temas musicais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVila de Cruces
A-
A+
Susana López Abella na visita a unha das actividades en Vila de Cruces

Susana López Abella na visita a unha das actividades en Vila de Cruces

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe no IES Marco do Camballón de Vila de Cruces no obradoiro musical pedagóxico I’ll be watching you II (Hei estar vixiándote II), impulsado pola Xunta para sensibilizar á mocidade sobre os roles de xénero que transmiten as cancións e produtos musiciais de temática amorosa.

O espectáculo, da compañía teatral Chévere, toma o seu título dunha das frases da canción Every breath you take, do grupo musical Police, que fala da obsesión dun amante abandonado que repite ideas sobre a vixilancia ou a pertenza.

Baixo ese punto de partida, analiza as cancións e produtos musicais que consume a mocidade, dende unha perspectiva de xénero, mediante actividades creativas e participativas.

A sesión inclúe unha escolma de temas ben coñecidos pola xente moza, que falan das relacións de parella, do namoramento, da paixón, da posesión, da dependencia e dos ideais románticos, coa finalidade de fomentar o espíritu crítico e a toma de conciencia da necesidade de actuar para previr situacións susceptibles de derivar en relacións desiguais ou en violencia de xénero.

Esta actuación de sensibilización contra a violencia de xénero levouse a cabo nos concellos de Outes, Brión, Sarria, Ortigueira, Láncara, Bande, Cerceda, Palas de Rei, Caldas de Reis, Vimianzo e Vila de Cruces

Esta é unha das actividades que a Secretaría Xeral da Igualdade oferta aos concellos adheridos á Rede de entidades locais en contra da violencia de xénero e, que actualmente a conforman 189 concellos.

17 de xaneiro de 2018 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.