publicidade hoxe

Licitadas por 200.000 euros as obras para a renovación da rede de abastecemento en río Covo no concello de Cervo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervoLocal Portada
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio licita hoxe no Diario Oficial de Galicia as obras para a renovación da rede de abastecemento en Río Covo, no Concello de Cervo, por un importe de case 200.000 euros (198.796,16 euros).

Na actualidade o núcleo de Río Covo dispón dunha rede de abastecemento municipal de auga potable, en funcionamento, pero a canalización é de fibrocemento e téñense detectado diversas perdas e roturas, que provocan que o servizo sexa deficiente.

Con esta obra, Augas de Galicia renovará a rede de abastecemento, substituíndo a actual de fibrocemento, dunha lonxitude total de 1.500 metros de tubaxe en PVC. A rede completarase cos sistemas de válvulas necesarias.

3 de outubro de 2017 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.