publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta facilita o achegamento ao mundo laboral dos xóvenes de Cambados co programa ‘Deseñando o teu futuro’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambadosLocal Portada
A-
A+

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez, acompañou hoxe aos participantes no proxecto promovido polo Concello de Cambados no marco do programa ‘Deseñando o teu futuro’ nunha visita á lonxa deste municipio pontevedrés. O proxecto permitiu que un grupo de 15 mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e 18 anos se achegaran á realidade do ámbito laboral con estancias-visitas en distintas empresas da zona.

A iniciativa, cun orzamento de 2.580 euros, contou coa colaboración do IES Ramón Cabanillas, o IES Francisco Asorey e a entidade Cambados Zona Centro. As estancias-visitas tiveron unha duración de doce días, cunha xornada diaria de catro horas e durante as que coñeceron varios proxectos empresariais en diversos sectores: agricultura, gandería, silvicultura e pesca; educación, comercio ao por maior e ao por menor; e actividades artísticas, recreativas e de tempo libre.

Así, desde o 18 de agosto e ata a xornada de hoxe os participantes coñeceron de primeira man varios proxectos empresariais, en concreto: Horsal, SCG, a Asociación Cultural Mulleres do Mar de Cambados (Guimatur), Bodegas Martín Codax, SAV, Bodegas Paco e Lola Deportes Piñeiro. Tamén tiveron a opción de comprobar de primeira man como é o funcionamento e a xestión da escola infantil municipal.

Cecilia Vázquez sinalou que no marco de ‘Deseñando o teu futuro’ no 2017 se financian 25 proxectos presentados por concellos e entidades sen ánimo de lucro, que facilitarán que un total de 358 mozos e mozas realicen estadías-visitas en empresas.“Esta iniciativa ofrécelle á xente nova alternativas para aprender, fomenta o seu autocoñecemento e os motiva no seu proceso de formación e actualización de competencias e habilidades”, apuntou.

Neste sentido, a directora xeral engadiu que “este programa ofrece unha plataforma para que os mozos e mozas adquiran coñecementos e habilidades que axudan a completar o seu desenvolvemento persoal e futura formación académica e profesional” . Así mesmo, engadiu que “a finalidade deste programa é ofrecer á mocidade unha experiencia de educación non formal e poñer a súa disposición unha ferramenta que lle facilite e clarifique a toma de decisión do seu futuro perfil profesional, para que coñezan a realidade da empresa previamente a decidir a súa traxectoria formativa profesional”.

As estadías-visitas en empresas teñen unha duración mínima de cinco días e máxima de quince días hábiles e se establece unha xornada mínima diaria de catro horas. o número máximo de mozos participantes por proxecto non pode exceder de 15.

A cantidade subvencionable a cada entidade e concello ou agrupación de concellos se calcula a razón de 6 euros por participante e día para cubrir os gastos de manutención e desprazamento do mozo ou da moza, e 100 euros por participante para cubrir os custos derivados da organización das estadías-visitas.

1 de setembro de 2017 | 14:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.