publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Igualdade pon en valor o traballo desenvolvido polo CIM de Curtis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtisLocal Portada
A-
A+
Susana López Abella na reunión co alcalde de Curtis

Susana López Abella na reunión co alcalde de Curtis

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co alcalde de Curtis, Javier Caínzos, para coñecer de primeira man o proxecto de igualdade que desenvolve en colaboración cos concellos de Sobrado dos Monxes e Vilasantar a través do Centro de Información á Muller (CIM).

O rexedor municipal explicou que o CIM traballa fundamentalmente en tres liñas de actuación: intervención directa coas mulleres expostas a situacións de violencia de xénero; prevención e sensibilización en materia de violencia e desigualdade; e investigación.

Nesta última liña de traballo, desde o CIM están avaliando como se ven alteradas as ocupacións das mulleres que sofren violencia de xénero no ámbito rural de Curtis, tendo en conta as características específicas do concello, de xeito que os resultados obtidos poidan servir como base para un traballo máis acertado e próximo a coñecer as necesidades reais das usuarias.

No encontro, a Xunta eloxiou o papel das entidades locais como axentes idóneos para desenvolver iniciativas orientadas a garantir a igualdade entre mulleres e homes, previr a violencia de xénero e favorecer as condicións da conciliación da vida familiar e laboral.

Por iso, desde o Goberno galego estase a manter un apoio constante e unha colaboración fluída cos CIM espallados por toda Galicia. En concreto, no caso de Curtis, este centro recibiu entre 2016 e 2017 máis de 31.000 euros da Xunta para que puidera continuar coas actividades imprescindibles que realiza na atención ás mulleres.

11 de agosto de 2017 | 14:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.