publicidade hoxe

Rey Varela analiza co alcalde de Cerceda a situación dos servizos sociais deste municipio coruñés

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerceda
A-
A+
Rey Varela na reunión co alcalde de Cerceda. Foto: M. Fuentes

Rey Varela na reunión co alcalde de Cerceda. Foto: M. Fuentes

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continuou hoxe cos encontros con rexedores e rexedoras de Galicia coa fin de afondar nas vías de colaboración e coordinación entre administracións en servizos e programas sociais. Así, hoxe recibiu na xefatura territorial da Consellería de Política Social na Coruña ao alcalde de Cerceda, José García Liñares, con quen abordou cuestións relacionadas coa atención a dependentes e coa conciliación e coidado de menores.

No que atinxe ao sistema galego de dependencia, Xunta e Concello cobren practicamente a totalidade da demanda de coidados no entorno familiar que existe neste municipio coruñés, situándose a ratio de atención por riba do 96%. De feito, a Consellería de Política Social vén de incrementar en máis dun 18% o número de horas dispoñibles no Servizo de Axuda no Fogar (SAF), o que supón un incremento de 307 horas máis ao mes ata alcanzar un total de 23.292 horas anuais.

Por último, Rey Varela e García Liñares abordaron a posibilidade de explorar novas vías de colaboración para a mellora da carteira de servizos sociais que existe en Cerceda. “O diálogo entre as diferentes administracións é vital para garantir unha mellora da calidade de vida dos galegos e galegas a través das políticas sociais”, asegurou o conselleiro tras finalizar o encontro.

4 de xullo de 2017 | 14:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.