publicidade hoxe

López Abella visita os obradoiros infantís levados a cabo ao abeiro do programa de conciliación no Concello de Palas de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+
Susana López Abella na visita ao obradoiro

Susana López Abella na visita ao obradoiro

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou hoxe o programa de conciliación Xogando no verán, posto en marcha polo concello lucense de Palas de Rei.

López Abella explicou que a Secretaría Xeral da Igualdade, financiou o Programa de Conciliación do Concello de Palas de Rei Xogando no verán con preto de 7.500 euros a través da Orde de axudas e subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción da igualdade 2016 e dentro do Programa de conciliación desta orde.

A actividade consiste na realización dunha serie de obradoiros infantís do 1 de xullo ao 31 de agosto en horario de 9,00 a 14,00 horas os días laborais, para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, para que os pais e as nais teñan a posibilidade de conciliar a súa vida familiar, laboral e persoal no período vacacional dos seus fillos e fillas. Fanse desde actividades deportivas, onde se inclúe a utilización da piscina municipal, ata actividades lúdicas e creativas como son os obradoiros de manualidades, bailes, karaokes, pasando por contacontos ou cociña. Tendo sempre en conta, en todos eles, a perspectiva de xénero.

12 de xullo de 2017 | 14:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.