publicidade hoxe

A Xunta convoca para setembro aos titulares dos terreos afectados polas obras de mellora da estrada entre Pancenteo e Marzán, no Rosal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO Rosal
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra a resolución pola que se convoca para os vindeiros 4, 5 e 6 de setembro aos propietarios dos terreos afectados polas obras de mellora da estrada que une as localidades de Pancenteo e Marzán (PO-353), ao seu paso polo Rosal, para o levantamento de actas previas á ocupación.

Os titulares dos terreos afectados deberán achegarse á Casa do Concello do Rosal nas citadas xornadas, entre as 10,00 e as 13,30 horas.

O proxecto ten por obxectivo a mellora da seguridade viaria en máis de 2,2 quilómetros e a accesibilidade, tanto dos vehículos como dos peóns, actualizando e completando a drenaxe e a sinalización existente en dita estrada.

As obras, que darán continuidade ás executadas na Guarda e que teñen un prazo de execución de seis meses, contemplan unha actuación na sección da estrada, a renovación e ampliación das beirarrúas, a incorporación dunha senda peonil, a substitución da drenaxe lonxitudinal, e a ampliación das drenaxes transversais.

Con estas accións aumentaranse a comodidade e seguridade da circulación ao ampliar o raio das curvas e facilitaranse os xiros en condicións máis seguras, reordenando as interseccións existentes no tramo.

31 de xullo de 2017 | 14:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.