publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A conselleira do Medio Rural destaca a importancia da implicación dos concellos na loita contra os lumes forestais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaTouro
A-
A+

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, insistiu hoxe na importancia que ten a implicación dos concellos na loita contra os lumes forestais, non só para asegurar a limpeza das faixas de xestión, senón tamén pola súa colaboración no operativo contra os incendios.

Ángeles Vázquez fixo estas declaracións nunha visita ao concello de Touro, que construíu con fondos propios e con persoal do plan de emprego da Xunta un punto de auga para abastecer aos medios do operativo antiincendios e que ademais é apto para helicópteros. “Quero agradecer ao alcalde o seu compromiso porque entendeu que nesta loita todos temos responsabilidades e debemos situarnos do mesmo lado”, declarou a titular de Medio Rural.

Neste sentido, a portavoz autonómica lembrou que a Consellería do Medio Rural leva construídos nos últimos cinco anos un total de 412 novos puntos de auga en distintas zonas de Galicia co obxectivo de reforzar e mellorar estas instalacións. En total, a comunidade conta con 5919 depósitos nos 19 distritos forestais. Ata 1696 na provincia da Coruña, 1496 en Lugo, 1447 en Ourense e 1274 en Pontevedra. Do total, 789 son aptos para medios aéreos.

No que se refire ao compromiso do municipio, cómpre destacar tamén o bando que publicou o Concello para lembrar aos veciños as normas e distancias para a xestión da vexetación preto das vivendas e estradas co fin de reducir os posibles riscos en caso de incendio forestal. Este anuncio foi publicado tanto na web como nas redes sociais do municipio.

IXP Castaña

A conselleira aproveitou a visita para tratar outras cuestións que afectan a Touro, como a súa posible incorporación á Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia. En concreto, o alcalde, Ignacio Codesido, mostrouse interesado en modificar o ámbito xeográfico da IXP, xa que este municipio queda fóra pero limita coa zona amparada. Neste sentido, a conselleira comprometeuse a que técnicos do Consello Regulador visiten a zona en outono para valorar a modificación do prego regulador deste selo de calidade.

No encontro que mantiveron ambos portavoces, tamén tratáronse os avances das reestruturacións parcelarias no municipio. Neste sentido, Ángeles Vázquez sinalou que en breve se procederá á entrega de títulos en San Xoán de Touro e San Fiz Quión.

De feito, o de Touro é un dos concellos da provincia da Coruña con maior superficie concentrada ou en proceso de reestruturación, xa que un 68% do total do municipio atópase nesta situación. Así, conta con 13 zonas rematadas que abarcan 4513 hectáreas e atópanse en proceso de reestruturación outras 3347 ha.

18 de xullo de 2017 | 14:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.