publicidade hoxe

O alcalde vigués eloxia a figura de Alfonso Zulueta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

Despois de achegarse ao cemiterio de Pereiró este xoves, Abel Caballero definiu a Alfonso Zulueta de Haz como un “defensor do mundo da cultura”, un “gran vigués, unha gran persoa”, que “tan bo nome e tantos bos recordos deixou na cidade”.

O alcalde de Vigo lamentou este xoves o pasamento de Alfonso Zulueta de Haz, “gran defensor do mundo da cultura”, un “gran vigués, unha gran persoa”. “Vaise un home que tanto fixo, que tan bo nome e tantos bos recordos deixou na cidade”, apuntou Caballero.

O rexedor vigués valorou o legado que deixou Zulueta de Haz desde a Fundación Penzol, da Editorial Galaxia ou do Consello da Cultura Galega, entre outras entidades culturais que presidiu. Caballero resaltou que en Vigo estivo “sempre do lado das causas da cultura”.

29 de xuño de 2017 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.