publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

As piscinas do Complexo Deportivo de Monterrei abrirán este sábado as portas ao público

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Pereiro de Aguiar
A-
A+

As piscinas do Complexo Deportivo de Monterrei, no concello ourensán de Pereiro de Aguiar, abrirán de novo as súas portas ao público o sábado que vén, día 10. A nova temporada de verán prolongarase ata primeiros de setembro.

O recinto de Monterrei conta con 6 piscinas, incluíndo unha infantil e outra de olas. Durante os últimos meses procedeuse á realización de diferentes traballos de posta a punto despois do inverno, para poñer en marcha o recinto que acolle nos tres meses de apertura unha media de 70.000 persoas cada ano.

O prezo das entradas para acceder ás instalacións acuáticas mantén a tarifa da temporada anterior. Así, a entrada para os maiores de 18 anos custa 2,30 euros e a de menores, 1,30 euros. O acceso para os cativos menores de 4 anos é de balde. Ofrécese tamén a posibilidade de adquirir bonos de 10 entradas que abaratan o acceso ás piscinas cun prezo de 10 e 20 euros, para menores e maiores de idade, respectivamente.

O horario de apertura establécese, como anos anteriores, de 12.00 a 21.00 horas.

8 de xuño de 2017 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.