publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Activo un incendio forestal na parroquia de Santa Mariña do Monte, en San Sadurniño,

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSan SadurniñoSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no municipio coruñés de San Sadurniño, parroquia de Santa Mariña do Monte.

O lume iniciouse ás 17:54 horas e segundo estimacións provisionais a superficie afectada supera as 20 hectáreas. Nos traballos de control participan 1 axente, 3 brigadas e 5 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que permanecen prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais ata novo aviso. Está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

19 de abril de 2017 | 20:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.