publicidade hoxe

A Xunta encargará a rehabilitación do retablo central da igrexa da Mercé de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

A Xunta de Galicia abordará a rehabilitación e recuperación do retablo central da Igrexa da Mercé de Verín. Así llo avanzou nunha reunión mantida en Madrid o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, ao senador galego, Juan Manuel Jiménez Morán. Esta decisión concretarase na encarga da redacción durante este mesmo ano do proxecto para avaliar o estado do ben e o alcance das futuras actuacións. No día de hoxe envióuselle unha carta ao Concello para informarlle da medida en prol da salvagarda deste ben.

Ben de referencia

A igrexa e convento dos Padres Mercedarios constitúe un conxunto de referencia do patrimonio histórico-eclesiástico de Verín. A construción, realizada en parte con pedras procedentes da acrópole de Monterrei, gozou do seu maior desenvolvemento no século XVIII. A torre barroca da igrexa e a fachada, con trazas neoclásicas, caracterízase pola sinxeleza das súas liñas. O interior do templo, de nave única, conta cun significativo patrimonio escultural. Destacan o coro e cinco retablos, catro deles laterais e o quinto situado no presbiterio e trazado no segundo terzo do s. XVIII por Frei Pedro Pascual García, mercedario residente en Verín.

18 de abril de 2017 | 13:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.