publicidade hoxe

Marisol Díaz Mouteira participa na xornada dedicada a Galicia na Feira internacional do agro de Braga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+
Marisol Díaz Mouteira na feira do agro en Braga

Marisol Díaz Mouteira na feira do agro en Braga

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, asistiu aos actos do Día de Galicia no marco da 50ª edición da Feria Internacional de Agricultura, Gando e Alimentación que se celebra ata o domingo que vén na localidade portuguesa de Braga. Díaz Mouteira, que acudiu en calidade de representante do Goberno galego e membro da Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense, destacou a aposta da Xunta de Galicia pola cooperación transfronteiriza para dinamizar a actividade socioeconómica en sectores tan importantes como o agroalimentario ou o turismo de proximidade a ambos lados da Eurorexión.

Expourense conta cun stand no que promociona as súas citas nas que a cooperación transfronteiriza xoga un papel fundamental. Entre as personalidades portuguesas que se achegaron ata o stand do recinto feiral ourensán destacou a presenza do ministro de Agricultura, Luis Capoulas Santos, que foi recibido pola delegada territorial, acompañada do vicepresidente da Deputación provincial de Ourense e presidente do Inorde, Rosendo Fernández Fernández e do director xerente de Expourense, Alejandro Rubín Carballo.

Díaz Mouteira subliñou que con esta participación Expourense reforza as súas relacións de cooperación transfronteiriza co obxectivo de fomentar a competitividade das empresas galegas e, dun xeito especial, dos pequenos produtores ou cooperativistas.

23 de marzo de 2017 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.