publicidade hoxe

A Xunta analizará as actuacións precisas para a conservación do edificio BIC que acolle o Liceo de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseOurense
A-
A+
Marisol Díaz Mouteira na reunión co presidente do Liceo ourensán

Marisol Díaz Mouteira na reunión co presidente do Liceo ourensán

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu hoxe no seu despacho ao presidente do Liceo ourensán, Javier Casares, e outros membros da xunta directiva que acudiron a esta xuntanza co obxectivo de presentarlle a memoria de actividades desenvolvidas durante o ano pasado, un total de 370 actos, dos que cómpre subliñar as conferencias, exposicións ou concertos.

Ademais, os responsables desta sociedade cultural e recreativa expuxéronlle á máxima responsable do Goberno galego na provincia unha serie de actuacións necesarias para a conservación da súa sede, o palacio renacentista dos Oca-Sarmiento, declarado Ben de Interese Cultural (BIC). Díaz Mouteira ofreceulles a colaboración da Administración autonómica para analizar a execución dalgúns destes proxectos.

7 de marzo de 2017 | 16:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.