publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación da Coruña inviste 62.000 euros na renovación da rede de saneamento de varias rúas do centro urbano de Melide

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaMelide
A-
A+

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica hoxe a licitación, por importe de 61.746 euros, das obras de renovación e mellora das redes de recollida de pluviais e saneamento de varias rúas do Concello de Melide.

Os traballos, que teñen un prazo de execución de tres meses, inclúense no Plan de Medio Ambiente (PMA) da Deputación da Coruña, dotado con 5 millóns de euros para financiar preto de 160 obras orientadas a mellorar a calidade ambiental dos concellos da provincia da Coruña consistirán na separación da rede de pluviais e saneamento na rúa Roseleda, que actualmente usa un sistema unitario, e na renovación deste na rúa Melide di Lugano.

Así, a rúa Rosaleda manterá o servizo de saneamento actual, con saída a Cantón San Roque, e implantarase unha nova rede de saneamento a maior profundidade con dirección á rúa Gaiteiros os Garceiras, aliviando o funcionamento da EDAR e permitindo ademais solucionar un problema existente no encontro das rúas Galicia e Taboada Roca coa praza das Universidades, posiblemente causado por unha fuga na rede.

Por outra banda, prevese construír unha nova rede de pluviais cos seus respectivos sumidoiros que quedará conectada á rede da rúa Gaiteiros os Garceiras.
A superficie total da actuación será de 1.190 metros cadrados, dos que 463 corresponde á rúa Rosaleda e 727 á rúa Melide di Lugano.

20 de marzo de 2017 | 17:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.