publicidade hoxe

O primeiro temporal do inverno deixa unha ringleira de pequenas incidencias en Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Coa chegada do primeiro temporal do inverno, os servizos de emerxencia do Concello foron postos en pre alerta, situación na que estarán até que as previsións meteorolóxicas o indiquen. “Temos un protocolo de actuación moi engraxado” subliña a concelleira de Protección Cidadá, Carme da Silva que deu conta das incidencias rexistradas -todas elas pequenas incidencias- nas últimas horas a causa das intensas chuvias e o forte vento.

Os servizos de emerxencia municipal están coordinados pola Policía Local. Forman parte do operativo ademais da propia Policía local, os Bombeiros, Protección Civil, o servizo de Xardíns e as empresas concesionarias de servizos e mantemento municipal que teñen o equipamento e maquinaria precisa para enfrontar as incidencias propias do servizo que prestan. Falamos de Viacqua (agua), Ferrovial (para traballos de limpeza), Setga (incidencias eléctricas), e E Casas (que ten o contrato de mantemento).

Incidencias da maña:

– caída dunha árbore na rúa Francia de Monte Porreiro

– desprendemento de terra no vial que vai de Alba a Campaño, que afectou a un carril de circulación

– caída dunha árbore no xardín ao carón do colexio Campolongo

– caída dun sinal de circulación na glorieta de Loureiro Crespo- 12 de Novembro

– corte do camiño de acceso á cascada de Monte Porreiro por caída de árbores – dende Reino Unido ata a Cascada. Permanecerá pechado até despois do temporal xa que hai risco de caída de máis árbores

– caída de tellas dun inmoble da rúa Benito Corbal.

A concelleira de Protección Civil lembra as recomendacións de seguridade habituais en situacións de alerta por temporal co fin de evitar que posibles incidencias causen danos persoais. Non son outras que:

evitar no posible os desprazamentos en vehículo

limitar os desprazamentos a pé aos necesarios ante o risco real de desprendementos de elementos aéreos chegado o caso, atender as indicacións dos profesionais dos servizos de emerxencia

2 de febreiro de 2017 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.