publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Vilagarcía pide á Xunta adiantar a abril a contratación de auxiliares de Policía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Xunta Local de Goberno aprobou onte solicitar á Xunta de Galicia o adianto das contratacións de auxiliares da Policía Local que se fai anualmente como reforzo das plantillas dos municipios turísticos durante a temporada de verán e a partir do 1 de xuño. O Concello realiza esta petición en base a situación excepcional do cadro de persoal do corpo, mermado polas xubilacións e baixas. A intención do Concello e contar con 5 auxiliares dende abril e outros 5 dende maio, en ambos casos e segundo establece a convocatoria da Consellería da Presidencia, por prazo de catro meses.

O adianto das contratacións tamén se fai preciso para cubrir as necesidades que se xeran en Vilagarcía durante a época de Semana Santa e as Festas de Santa Rita, temporadas onde se incrementa tanto os desprazamentos por estrada como o volume de visitantes no municipio.

O Concello expón na súa solicitude, tal e como se recolle no informe da Xefa da Policía, que aparte das vacantes existentes no cadro de persoal por xubilacións nos últimos anos, na actualidade hai 4 axentes de baixa. No informe tamén se explica que, aínda que se están dando pasos para cubrir as vacantes existentes, os 3 axentes que serán seleccionados este mesmo mes tras finalizar as probas da oposición, non poderán prestar servizo de xeito inmediato, xa que primeiro deberán acudir á Academia para facer o curso de formación e logo, tras un breve período de prácticas, deberán regresas á Academia en setembro.

O goberno local ten previsto incluír na oferta pública de emprego dos orzamentos de 2017 a cobertura doutras 3 prazas de axente co obxecto de ir cubrindo as vacantes do cadro de persoal e aliviar a carga e condicións de traballo que soportan a actual plantilla.

7 de febreiro de 2017 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.