publicidade hoxe

Medio Ambiente estudará a petición de Malpica dunha nova estación depuradora na parroquia de Beo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMalpica de Bergantiños
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde de Malpica

Beatriz Mato na reunión co alcalde de Malpica

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, comprometeuse a estudar a posibilidade de construír unha nova estación depuradora de augas (EDAR) na parroquia de Beo, en Malpica de Bergantiños. Así llo manifestou esta mañá ao alcalde desta localidade, Eduardo Parga, que aproveitou a reunión para presentarlle á conselleira este e outros proxectos para a mellora da rede de saneamento municipal, con especial atención ás zonas rurais do concello.

Nesta liña, o rexedor malpicán tamén solicitou a colaboración da Consellería de Medio Ambiente para acometer a recuperación e mantemento da canalización do Río Vigo, cuxa viabilidade valorarán os técnicos de Augas de Galicia.

Pola súa banda, Beatriz Mato lembrou ao alcalde de Malpica que o acceso aos servizos básicos de abastecemento e saneamento no rural é unha das prioridades do seu departamento. Así, reiteroulle o esforzo da Administración autonómica na dotación de infraestruturas hidráulicas que supoñan unha mellora da calidade de vida dos veciños.

15 de febreiro de 2017 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.