publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha trintena de tomiñeses busca emprego tras rematar estudos de xestión administrativa e mantemento de xardíns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

Trinta persoas desempregadas de Tomiño recolleron hoxe o seu diploma dos cursos do plan AFD, organizados polo Concello durante o último semestre de 2016, co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acompañada polo concelleiro de Promoción Económica, Antonio Tartaglione, fixo entrega no Concello dos certificados que habilitan ás persoas a exercer coma empregados en xestión administrativa ou en instalacións de mantemento de xardíns; materias nas que se formaron durante 898 e 508 horas, respectivamente.

Na oportunidade, ademais de entregar os diplomas ás persoas que superaron os cursos, se lles explicou o trámite para a obtencióndo certificado de profesionalidade, ao que tamén da dereito esta acción formativa.

O Departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Tomiño, informou que algunhas das persoas que fixeron os cursos, xa están contratadas en empresas da zona. As demais, comezarán agora un período de busca intensiva de traballo polas empresas do municipio e comarca.

A alcaldesa de Tomiño, salientou  a importancia da preparación adquirida durante os cursos e desexou moita sorte a todas e todos os presentes na súa busca e incorporación ao mercado laboral, ofrecendo ao mesmo tempo o apoio dos servicios municipais de emprego.

13 de xaneiro de 2017 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.