publicidade hoxe

Regresan os Cantos de Taberna máis cedo que nunca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Chegan Cantos de Taberna. Xa estamos na sexta edición da consolidada cita cos cantos tradicionais de taberna que nesta ocasión están con nós máis cedo que nunca. Que mellor que o inverno para xuntarse nos bares e cantar? Mañá venres, 27 de febreiro, será a primeira cita. A derradeira, o 26 de maio

“O obxectivo é que prenda o hábito de cantar” subliñou a concelleira de Festas, Carme da Silva quen anima a todos a participar xa que “non hai que cantar ben senón querer cantar”. É un afán compartido por Manuel Espiño, do grupo Maravallada, impulsor dunha actividade que ten como fin “recuperar o canto tradicional”.

O grupo Maravallada e o Concello promoven os Cantos de Taberna, que serán en horario de 21.00 a 24.00 horas.

Prrograma, grupos e locais:

26 de xaneiro. Os Firrás actuarán en Milano e Maristas

24 de febreiro. Maravallada, en Brasilia e Machuco

31 de marzo. Os Perrucos, en Novo Viñedo e Trasno

28 de abril. Os Salghariteiros, en Saudade e Timón

26 de maio. Os do Clarete, en Reixas e A Navarra.

26 de xaneiro de 2017 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.