publicidade hoxe

Os Pobos Navideños e a Cabalgata Solidaria pechan a programación de Nadal deseñada polo Concello de Narón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

A programación de Nadal deseñada polo Concello de Narón, e iniciada o pasado 3 de decembro, rematará esta semana. O programa “Nadal Máxico” retomarase mañá, día 3, e o mércores 4 na Praza de Galicia, coas actividades “Contos de Nadal” e o espectáculo de títeres “As tres Raíñas Magas”, respectivamente. As citadas actividades desenvolveranse en horario de 16.00 a 20.00 horas e complementaranse con varios obradoiros dirixidos a nenos e nenas e tamén co “Baby Nadal”, un espazo acotado e con propostas para os máis pequenos da casa. Durante as dúas xornadas repartiranse pombas de millo e algodón de azucre, de balde, entre os menores.

A tradicional Cabalgata Solidaria traerá a Narón o xoves día 5 de xaneiro aos tres Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, e tamén ao cuarto rei, Artabán, que tal e como apunta a tradición, non chegou a Belén porque ía deixando agasallos no camiño para as persoas máis necesitadas. Ás 16.00 horas partirán de Xuvia –fronte á estación de FEVE- cara á Praza de Galicia as doce carrozas realizadas nas diferentes parroquias de Narón durante as últimas semanas. Haberá tamén unha comitiva con elementos de Nadal do colectivo xitano formada por 25 persoas. A edil de Acción Social, Catalina García, explicou que este ano, a veciñanza da Solaina e San Mateo colaborou nas carrozas doutras parroquias da cidade, e tamén indicou que en Piñeiros se construíron dúas –unha propia de Piñeiros e outra de Freixeiro- e que tamén partirán de Xuvia dúas comitivas procedentes de San Xiao, donde se rexistrou unha elevada participación veciñal nos obradoiros para decorar as carrozas. A chegada está prevista sobre as 17.00 horas á Praza de Galicia, donde os catro Reis Magos recibirán aos nenos e nenas e donde Artabán dirixirá unha mensaxe solidaria aos menores alí presentes. A continuación haberá un espectáculo de música e baile infantil.

O Centro de Recursos Solidarios de Narón será un ano máis o destinatario dos alimentos  que irán representados na Cabalgata –nun camión cedido pola Concellería de Servizos e que conducirá un integrante do Speis de Narón- e que as veciñas e os veciños entregaron nos últimos días nas súas respectivas parroquias. Desde o goberno local agradeceuse a colaboración de todas as persoas implicadas e tamén dos dispositivos de seguridade e sanitarios que se implican na organización e no desenvolvemento desta Cabalgata Solidaria.

2 de xaneiro de 2017 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.