publicidade hoxe

O Teatro Colón pechará o Nadal con humor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendario
A-
A+

A mellor forma de encarar o peche das festas de Nadal é cun sorriso. Por iso o Teatro Colón programa para estas datas que se aproximan dúas sesións enchidas de humor.

O sábado 7 de xaneiro, ás 20:30 horas, tras despedir a CaperucitaRoja (función ás 18:00), Manuel Manquiña e LuisZahera protagonizan unha nova entrega de “Noites de Retranca”. O surrealismo humorístico de LuisZahera, sempre ligado a nosa cidade e o sarcasmo de Manuel Manquiña, xuntos nun espectáculo que non deixara indiferente o espectador. (Entradas dende 12€)

E o venres 13 de xaneiro, ás 20:30 horas, o Teatro Colón acolle un espectáculo moi especial. En “A la Carta” Aarón Gómez e Kike Pérezconstrúen  unha función á medida do espectador, baseándose en diversas enquisas, propostas e preguntas sobre que lles gustaría ver no show. Un sitio onde poder ir e gozar dun espectáculo cheo de humor, cancións e bofacerdestas mozas promesas do humor canario. Un espectáculo onde Aarón e Kike interactúan co público e improvisan partes da súa posta en escena, compoñendocancións sobre a marcha. (Entradas dende 8€)

3 de xaneiro de 2017 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.