publicidade hoxe

O Concello de Vilagarcía establece como zona 30 o entorno da praia do Campanario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O goberno local de Vilagarcía decidiu instaurar a Zona 30 no contorno da praia do Campanario, en Bamio e solicitar a Portos de Galicia que adopte a mesma medida na Praia do Preguntoiro, en Vilaxoán, cuxo vial é competencia da administración portuaria. Con estas actuacións o Concello pretende elevar a seguridade viaria en dúas zonas que nos meses de verán son frecuentadas por numerosos peóns e bañistas que acoden aos areais de Bandeira Azul.

A medida foi proposta polo concelleiro de Tráfico de acordo cos informes elaborados pola Policía Local quen considera que permitir a circulación de vehículos a unha velocidade de 50 quilómetros por hora nestas zonas conleva importantes riscos para os peóns, en especial en zonas de esparexemento como son estas, a onde acoden centos de persoas a diario durante a temporada de Praia. Ademais, no que respecta ao areal vilaxoanés, cómpre ter en conta que durante todo oa no adestran na Praia os rapaces e rapazas do club de remo cuxa sede se atopa ao outro lado da vía que teñen que atravesar de forma constante.

12 de xaneiro de 2017 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.