publicidade hoxe

Detido un veciño da Coruña por presunto delito de violencia de xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaSucesos
A-
A+

Ás 12:32 horas do 2 de xaneiro, unha patrulla da Policía Local é requirida pola Sala Operativa do 092 para que se traslade ao barrio da Gaiteira onde, segundo chamada dunha veciña, un home arrastrara dos pelos a unha veciña cara ao interior da súa vivenda. No lugar a dotación atopou a unha muller acompañada do seu fillo, de 3 anos, ambos nun estado de nerviosismo elevado. A muller, de 35 anos, explicou á patrulla que, tras unha discusión coa súa exparella, este golpeouna, arrastrouna polo pelo e ameazouna de morte, a pesares de contar cunha orde de afastamento en vigor. A dotación comprobou que o agresor tiña unha orde de afastamento en vigor e pasou pola emisora a súa descrición. Ao pouco, este home, de 30 anos, foi interceptado por outra patrulla nunha rúa adxacente e, tras recoñecer a agresión, foi detido, sendo informado do motivo da súa detención e dos dereitos constitucionais que lle asisten.

3 de xaneiro de 2017 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.