publicidade hoxe

A Patrulla ao Rescate será a encargada de abrir a Cabalgata de Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

Dende a concellería de Cultura que dirixe a edil Sara Cebreiro informouse hoxe, para ledicia dos máis pequenos, que A Patrulla ao Rescate abrirá a Cabalgata de Reis que terá lugar mañá, xoves 5 de xaneiro, a partir das 18.00 horas da tarde na Avenida de Sanguiñeda.

Por suposto estarán presentes tamén os protagonistas da tarde, as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente –Melchor, Gaspar e Baltasar-; nas súas respectivas carrozas reais.

Como cada ano as asociacións mosenses terán unha especial importancia na Cabalgata, protagonizando tamén o desfile coas súas marabillosas carrozas de deseño e confección propias. As agrupacións participantes este ano son un total de sete: o Centro Cultural de Torroso, Santa Ana de Veigadaña, Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras, Centro Cultural Abrente, A.V.V. Chan do Bosque, Asociación Cultural de Guizán e Centro Cultural e Social de Herville. Ademais participarán as tres rondallas de Mos: Santa Eulalia, Club Rondalla Santiaguiño de Guizán, e Rondalla Centro Cultural de Herville; e a Asociación de Mulleres Rurais fará o seu tradicional Belén Vivinte.

A novidade deste ano, tal e como explicou a concelleira Cebreiro, é que todo estará instalado fronte a discoteca Queen.

Corte do tráfico

Dende a Policía Local de Mos infórmase tamén a este respecto de que mañá, xoves día 5, a partir das 16.30 horas da tarde, permanecerán pechados ao tránsito rodado a Avenida de Sanguiñeda e todos os accesos á mesma dende outros viais. 

4 de xaneiro de 2017 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.