publicidade hoxe

A fundación “Eu son de Burela” leva a escea a obra “A morte dun caniche” en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

O programa de Nadal do Concello vai a ter pasado mañá, sábado 7 de xaneiro,  unha cita moi especial, xa que  imos ter a fortuna de recibir ao grupo de teatro da FUNDACIÓN EU SON de Burela, integrado nesta ocasión por 11 persoas, que nós van por  en escea a obra “A MORTE DUN CANICHE”. A función vaise desenvolver no Salón de Actos do Centro Cívico, a partires dasa 20:00 horas (8 da tarde), con entrada libre e gratuita para tódolos públicos.

É a segunda ocasión que o grupo de teatro da Fundación actúa en Xove, xa que tamén estiveron  na nosa programación de Nadal de 2014. Dendo o Concello aproveitamos para agradecerlle á Fundación Eu Son de Burela esta presencia en Xove, que esperamos sexa do agrado de tódolos asistentes. Lóxicamente, dende o Concello invitamos a tódolos xovenses e visitantes a que acudan a esta magnífica representación.

5 de xaneiro de 2017 | 11:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.