publicidade hoxe

David Calle gaña o XI Premio Jesús Núñez de Arte Gráfica coa súa obra “150 horas”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBetanzosLocal Portada
A-
A+

A obra “150 horas” de David Calle Cañadell impúxose sobre as 120 presentadas no XI Premio Jesús Núñez de Arte Gráfica que se decidiu nunha xuntanza celebrada na mañá deste xoves día 1 en Betanzos.

Un xurado composto por Ana Soler, Maite Martínez de Arenaza, Doroteo Arnaiz, Jesús Núñez e Pedro Galilea coa Vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín Rei como presidenta e a xefa de servizo Mercedes Fernández Albalat como secretaria decidiu outorgar o XI Premio Jesús Núñez de Arte Gráfica á obra “150 horas” de David Calle Cañadell, de Barcelona.

Para o xurado a obra “150 horas” cobra poder dende o silencio e a minuciosidade. O enigma sérvese dun grafismo que fala do paso do tempo e o proceso para comunicar o seu proxecto.

Entre as 120 obras que concorreron ao concurso, o xurado elixiu tamén tres accésits para as obras “Asentimiento irregulares” de Rubén Morales, “Diáfora” de Carmen Jiménez e “Drypoint on Zerkall Bütten” de Michael Paul .

O gañador, David Calle, naceu en Lleida en 1993 e reside en Terrassa, Barcelona. Estudou Belas Artes na Universidade de Barcelona, especializándose en gravado. Realizou exposicións individuais en Almería, Lleida e Berlín, entre outras localidades, e participou en colectivas en Lleida, Berlín, Barcelona e Almería. Neste mesmo ano, tivo unha bolsa de Residencia no Taller de Gravado da Escola de Arte e Deseño de Terrasa e outra de colaboración entre a Facultade de Belas Artes de Barcelona e a Escola de Arte e Deseño de Terrasa. Boumannlab, Laboratorio de creación, de Terrasa outorgoulle unha bolsa para o apoio á produción a artistas e proxectos de artes visuais ou pensamento contemporáneo.

O xurado estivo composto pola artista e profesora da Universidade de Vigo, Ana Soler, pola artista Maite Martínez de Arenaza, polo director adxunto da Fundación Jesús Núñez, Pedro Galilea, o gravador, escultor Jesús Núñez, e polo artista e profesor de gravado, Doroteo Arnaiz.

1 de decembro de 2016 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.