publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación de Lugo mellora estradas no Incio e Folgoso do Courel

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFolgoso do CourelLugoO Incio
A-
A+

A Deputación esta realizando obras de mellora con aglomerado en quente, na estrada provincial LU-P-2501, no Concello do Incio, concretamente na parroquia da Cervela, entre os puntos quilométricos 0+000 e 2+200. Durante o transcorrer das obras deste vial de comunicación, que beneficiará aos 1.700 veciños da vila, a estrada pecharase de xeito puntual, o venres día 16 e o luns día 19 de decembro, para executar as obras de mellora. Esta obra conta cun orzamento de 66.000 euros.

No Concello de Folgoso de Courel, executaranse obras de reposición en firme na estrada LU-P-1303, dende Seoane a Visuña ata Ferramulín, entre os puntos quilométricos 0+000 e 4+600. Por mor destas obras, que mellorará a calidade de vida aos máis de 1.000 veciños da vila, a estrada permanecerá pechada o luns día 19, e o martes dia 20 de decembro. Esta obra conta cun investimento de 18.000 euros.

Os dous días, nos que de xeito puntual se pechen as estradas no Incio e Folgoso do Caurel, haberá desvíos alternativos perfectamente sinalizados.

16 de decembro de 2016 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.