publicidade hoxe

O presunto ‘yihadista’ detido en Arteixo é alxeriano e levaba dous meses na localidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArteixoLocal Portada
A-
A+
Europa Press

Un dos catro presuntos ‘yihadistas’ detidos nunha operación nas provincias da Coruña e Almería é de nacionalidade alxeriana e residía dende hai dous meses no municipio coruñés de Arteixo, segundo confirmaron fontes consultadas.

Ademais, as mesmas fontes precisaron que o detido vivía con outro home no primeiro piso dun inmoble situado no número 253 da avenida de Finisterre. Tanto o detido como a outra persoa coa que convivía son de nacionalidade alxeriana.

Por outra banda, fontes consultadas apuntaron que, debido ao pouco tempo que o detido levaba residindo nesta localidade coruñesa, non se coñece se tiña algún traballo.

A Garda Civil detivo catro persoas pola súa relación coa rede de inmigración irregular utilizada polo grupo terrorista autodenominado Estado Islámico (DAESH). Segundo o Ministerio do Interior, a investigación trata de determinar a relación dos arrestados con polo menos un dos terroristas dos atentados en París de novembro de 2015.

A operación, desenvolvida pola Xefatura de Información da Garda Civil baixo a dirección do Xulgado Central de Instrución Número 2 e a Fiscalía da Audiencia Nacional, permitiu a detención este luns pola mañá de dúas persoas nas localidades coruñesas de Arteixo e Vimianzo (en concreto no lugar de Tufións) e doutras dúas en Almería.

28 de novembro de 2016 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.