publicidade hoxe

Investigan a aparición de varias ambulancias coas rodas picadas nunha nave de Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMosSucesos
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil investiga a aparición de varias ambulancias, da empresa Ambulancias do Atlántico, con todas as súas rodas picadas, e que estaban nunha nave de Puxeiros, no municipio pontevedrés de Mos, segundo confirmaron fontes do Instituto Armado.

A propia empresa explicou que, a primeira hora deste martes apareceron varios vehículos con todas as rodas picadas, e que se estaba a proceder a fotografar e avaliar os danos. A empresa non deron máis detalles acerca do suceso.

Fontes sindicais, por outra parte, confirmaron que o equipo e a dirección están pendentes de sentar para negociar o convenio laboral, aínda que evitaron vincular esta circunstancia co ataque.

29 de novembro de 2016 | 16:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.