publicidade hoxe

O Club Náutico Boiro Rías Baixas logra a victoria en Tapia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroDeportes
A-
A+
Club Náutico Boiro Rías Baixas

Club Náutico Boiro Rías Baixas

A praia fluvial de Tapia no Concello de Ames foi o escenario da celebración da terceira regata da liga Provincial da Coruña, o pasado domingo 21 de agosto pola tarde. Baixo a organización do Club Ribeiras do Tambre hai que destacar o gran número de público que se achegou até o lugar para ver o desenvolvemento das probas. O triunfo na clasificación final por equipos foi para o Club Náutico Boiro Rías Baixas con 8.073 puntos, seguido polo club local Ribeiras do Tambre con 5.629 puntos e o Club Náutico de Miño con 5.341 puntos.

No río Tambre déronse cita un total de 321 deportistas pertencentes a once equipos da provincia, entre os cales non estaba presente o vencedor da segunda competición da liga o Club Náutico Firrete. Os padeeiros participantes de categorías masculina e feminina competían en idades comprendidas desde benxamíns até os cadetes, cun percorrido de 3.000 metros para os cadetes e para o resto de categorías de 1.500 metros.

A próxima regata desta liga está prevista para o 27 de agosto no concello de Miño.

Ademais desta competición, celebrábase o XXXI edición do Descenso do Tambre para as categorías Senior, Xuvenil, Cadete e Veterano, a proba de carácter amigable estaba aberta a todos os padeeiros do territorio nacional. Os deportistas tiñan que percorrer a distancia que 5.400 metros que separa a ponte da localidade de Portomouro no concello de Val do Dubra até a praia fluvial de Tapia.

Os tres equipos que ocuparon os postos de podio foron o Club Ribeiras do Tambre en primeiro lugar, o Club Kaiak de Mar Muros-Noia foi o segundo e o terceiro foi o Club Piragüismo Narón. Jonathan Monteagudo da Sociedade Deportiva As Xuvias foi o primeiro competidor en entrar en meta, a escasos 20 segundos chegaba Daniel López do Piragüismo Palentino e un minuto máis tarde facía a súa aparición na liña de chegada Adrián Carpentedo Club Náutico de Cambre, sendo este o podio da categoría senior.

24 de agosto de 2016 | 10:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.