publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Rural colaborará cos viticultores da Ribeira Sacra para recuperar a súa produción tralos danos das últimas treboadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

A Consellería do Medio Rural traballará da man dos viticultores da Ribeira Sacra, especialmente os da subzona de Amandi, para impulsar a recuperación da súa produción e das áreas afectadas polas treboadas rexistradas nas últimas horas no sur de Lugo.

Así o sinalou a titular deste departamento, Ángeles Vázquez, que se desprazou esta tarde ata o concello de Sober, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, para interesarse polos danos rexistrados nos viñedos desta Denominación de Orixe.

Os primeiros cálculos indican que a área máis damnificada abarca arredor de 50 hectáreas, que foron practicamente arrasadas pola sarabia caída onte á tarde. Isto afectaría a uns 400.000 quilos de uva, segundo as primeiras estimacións, cunhas perdas directas avaliadas nuns 500.000 euros. Os viticultores consideran, ademais, que o vindeiro ano só se poderá recuperar arredor dun terzo da produción actual.

A conselleira constatou que a treboada rexistrada onte arredor das 20:00 horas afectou tamén aos camiños, muros e outras infraestruturas relacionadas co cultivo de vide. Ángeles Vázquez e Raquel Arias estiveron acompañadas durante a súa visita polo presidente do Consello Regulador da DO Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, e por un grupo de viticultores e adegueiros.

16 de agosto de 2016 | 20:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.