publicidade hoxe

Licitadas por 390.000 euros as obras de mellora do abastecemento en varias parroquias de Trazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTrazo
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio licita hoxe no Diario Oficial de Galicia (http://bit.ly/2bCeZ13) as obras para mellorar o abastecemento das parroquias de Restande e Monzo, no Concello de Trazo.

Esta actuación constitúe a segunda fase dun proxecto máis amplo, que se iniciou en 2012 coas obras de abastecemento na parroquia de Castelo, uns traballos nos que se investiron 225.000 euros.

Tras o remate das obras da primeira fase, a parroquia de Monzo carece de abastecemento e na de Restande só o núcleo de Restande de Abaixo ten este servizo. Ante esta situación faise necesario executar unha rede de abastecemento a estas parroquias -partindo da rede existente en Restande de Abaixo- para dar servizo aos 227 habitantes da parroquia de Restande (exceptuando Restande de Abaixo) e aos de Monzo (169 habitantes), así como á cabana gandeira de ambas parroquias, que ascende a 1.278 cabezas.

O novo abastecemento consistirá nunha rede de tubaxes de 6.159 metros de lonxitude total. Ademais, prevense instalar bombeos para garantir a presión mínima do servizo.

Este tipo de colaboracións garanten a subministración de auga en calidade e cantidade á cidadanía e dan cumprimento á Directiva Marco da Auga; colabórase coas entidades locais para mellorar a rede de abastecemento secundaria; e garántese o abastecemento e regulación dos recursos hídricos en calidade e cantidade coa realización das obras de infraestrutura necesaria, velando así mesmo polo seu consumo responsable e fomentado o seu aforro.

23 de agosto de 2016 | 13:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.