publicidade hoxe

A Policía Autonómica investiga o presunto autor dun incendio forestal en Narón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNarónSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica da Coruña informaron hoxe da investigación dun home como presunto autor dun incendio forestal no concello de Narón, na Coruña, o pasado 11 de agosto.

A orixe do incendio foi o lanzamento de artefactos pirotécnicos de xeito neglixente, xa que os restos caeron nunha zona de combustible inflamable. A rápida intervención dos medios de extinción do parque de bombeiros de Narón evitou que as lapas puxeran en perigo as vivendas próximas ao incendio, que afectou a 300 metros cadrados de monte arborado.

Polos feitos instruíronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Garda da Coruña. Na actual campaña antiincendios, a Policía Autonómica xa leva 44 persoas investigadas ou detidas por delitos relacionados con incendios forestais.

23 de agosto de 2016 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.