publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación da Coruña contribúe co concello da Laracha na remodelación de dúas prazas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA Laracha
A-
A+

A remodelación da Praza do Concello e a da Praza Eduardo Vila Fano son os obxectos dos dous convenios de colaboración que asinaron o deputado responsábel da Área de Cooperación cos Concellos, Xosé Regueira Varela e o alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela
A Deputación da Coruña contribúe con 200.000 euros á remodelación de dúas prazas da Laracha a través de dous convenios que foron asinados este mércores na casa do concello. O responsábel da Área de Cooperación cos Concellos, o nacionalista Xosé Regueira e o alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, asinaron os dous convenios polos que a Deputación se compromete a financiar o 80% do orzamento total das obras.

O primeiro dos acordos asinados contempla a remodelación da praza Eduardo Vila Fano cun orzamento de 159.832,03 €, dos que a Deputación achegará 127.865,62€, un 80% do total. O outro convenio ten como obxecto a remodelación da Praza do Concello que se executará cun orzamento de 90.059, 63 € cun financiamento por parte da Deputación da Coruña de 72.047,70 €.

13 de xullo de 2016 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.