publicidade hoxe

O Plan Concellos 2016 aporta 74.000 euros a Tui para mellorar as instalacións deportivas “Álvarez Durán”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraTui
A-
A+

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a achega de 74.014,40 € (entre execución de obra e redacción do proxecto) ao concello de Tui para a reparación, realización de melloras e a conservación das instalacións deportivas municipais “Alcalde Álvarez Durán”. Esta contía corresponde á liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016.

Esta actuación súmase ás xa aprobadas anteriormente polo Plan Concellos, que destinou 162.194,64 € na liña 1 para a realización de diversas obras de mantemento e conservación do centro municipal de remo e á adquisición dun vehículo que se empregará en servizos municipais do concello e na restauración do palco da música no Cantón de Diomedes, así como 213.805 € na liña 4 –emprego– para a contratación de 22 traballadoras e traballadores que están a traballar nos servizos municipais da vila.

No que levamos de 2016, o grao de adxudicación do Plan Concellos 2016 destinado a Tui sitúase no 47,3% do total, o que supón que neste momento o investimento na vila acada a cifra de 450.014,04 €.

20 de xuño de 2016 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.