publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta formaliza a venda de dúas novas parcelas de solo empresarial na provincia de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseSan Cibrao das ViñasVilamarín
A-
A+

A Xunta, a través da empresa pública Xestur, asinou hoxe as escrituras públicas de venda de dúas novas parcelas de solo empresarial na provincia de Ourense. Trátase de dúas parcelas emprazadas no parque empresarial de Vilamarín e na Central de Transportes de San Cibrao das Viñas.

No parque empresarial de Vilamarín procedeuse a escriturar unha parcela de 1.499,86 metros cadrados, adquirida por unha empresa do sector da distribución de alimentos.

Polo que respecta á Central de Transportes de San Cibrao das Viñas, escriturouse unha parcela de 1.494,80 metros cadrados adquirida por unha empresa de transporte por estrada.

Actualmente na provincia de Ourense hai solo dispoñible, en parques promovidos polo IGVS ou Xestur, nas localidades de Xinzo de Limia, Vilamarín, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia e Verín, con prezos bonificados nun 50 por cento, polo que existen parcelas dispoñibles dende menos de 15 euros por metro cadrado.

Ademais existe a posibilidade de adxudicación en réxime de dereito de superficie pagando un canon anual simbólico.

21 de xuño de 2016 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.