publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta participa en Madrid na reunión constitutiva da Comisión do centenario de Camilo José Cela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorPadrón
A-
A+
Anxo Lorenzo na reunión da comisión

Anxo Lorenzo na reunión da comisión

A Xunta de Galicia participou hoxe na reunión constitutiva da Comisión Interadministrativa do centenario do nacemento de Camilo José Cela, que tivo lugar en Madrid, na Secretaría de Estado de Cultura.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, en representación da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, asistiu á xuntanza, na que tamén se abordou a posta en marcha do programa de beneficios fiscais deste acontecemento, así como a proposta inicial de actividades conmemorativas suxeitas a este programa e promovidas pola Fundación Charo y Camilo José Cela.

Tamén participou na reunión o fillo do premio Nobel galego, Camilo José Cela Conde, como presidente da Fundación Charo y Camilo José Cela, e, en representación do Goberno do Estado, asistiron á xuntanza o director xeral de Política e Industriais Culturais e do Libro, José Pascual Marco; a subdirectora xeral e a conselleira técnica do departamento de Cooperación Cultural coas Comunidades Autónomas do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, Begoña Ferro e María Azcona, respectivamente; e mais a vogal asesora do gabinete técnico do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, Pilar Gómez.

Con motivo desta efeméride, a Consellería de Cultura e Educación está a desenvolver ao longo de todo o ano unha completa programación para difundir entre a cidadanía o legado literario do premio Nobel galego a través de diferentes propostas, que se poden consultar en http://www.cultura.gal/gl/destaque-patrimonio/20152.

24 de maio de 2016 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.