publicidade hoxe

Unha persoa ferida grave tras ser atropelada en Carballedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballedoSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha persoa resultou ferida grave na mañá deste venres tras ser atropelada na N-540 ao seu paso pola localidade lucense de Carballedo. Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o atropelo aconteceu sobre as 10,30 horas á altura do quilómetro 65,8 da N-540, ao seu paso polo lugar de Barrela.

Ata o lugar do suceso desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, de Bombeiros de Chantada e de Protección Civil. A vítima foi trasladada o un helicóptero sanitario do 061 ata un centro hospitalario.

29 de abril de 2016 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.