publicidade hoxe

A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense regresa cun cartel de máis de 30 espectáculos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocal PortadaOurenseOurense
A-
A+
Presentación da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense

Presentación da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense

A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (MITEU) regresa este ano con máis de 30 espectáculos, tanto universitarios como profesionais, cunha ampla proposta de xéneros e de estilos, coa participación de diversos países e cunha ampla presenza na cidade a través de diferentes espazos.

Do 15 ao 30 de abril, o Auditorio Municipal, o Teatro Principal e numerosos locais e rúas da cidade serán o escenario da vixésimo primeira edición desta mostra dirixida por Fernando da Costa e que conta un ano máis co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou hoxe na presentación da programación, da que destacou o intercambio artístico e humano entre grupos galegos, do resto do Estado e tamén do exterior, xa que conta cunha ampla presenza internacional, vinculada a países como Afganistán, Arxentina, Chile, Inglaterra e Italia.

Unha panorámica de autores, directores e intérpretes

Calidade e innovación únense neste festival para ofrecerlle ao público historias diferentes, a través de espectáculos creativos que fan da mostra “un escaparate escénico de primeira orde, tamén en canto a autores directores e intérpretes”, afirmou Anxo Lorenzo. A partir do ámbito universitario, a MITEU foi quen de chegar a todos os públicos para se converter nun “factor de intervención social e cultural de relevancia en Ourense, unha cidade entregada á cultura en todas as súas manifestacións”, dixo durante a presentación, na que tamén interviñeron o director da mostra, o alcalde de Ourense, Xesús Vázquez; o vicerreitor do Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez; o deputado de Cultura da Deputación Provincial de Ourense, Manuel Doval; e a directora do Teatro Principal.

Na súa vixésimo primeira edición, a mostra mantén as súas liñas programáticas fundamentais, con espectáculos de teatro universitario galego, portugués e de diferentes comunidades autónomas do resto do Estado, xunto con compañías profesionais e grupos invitados tanto estatais como internacionais. Nesta ocasión cóntase coa presenza de Afganistán, Arxentina, Chile, Dinamarca, Inglaterra, Italia, O Salvador e Portugal.

O grupo Rosaura, da Aula Universitaria de Ourense, abrirá a programación da MITEU o vindeiro día 15 de abril coa representación da obra ‘O banquete’, á que se sumarán, na xornada inaugural, os espectáculos ‘La ciudad sitiada’, de Teatro el Mayal – Ule (Castelao e León), e ‘Strawberry’, a cargo de Fraser Hooper (Inglaterra). As representacións escénicas completaranse coa realización de encontros ao remate das funcións, con exposicións, con documentais e con diferentes cursos.

30 de marzo de 2016 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.