publicidade hoxe

Unhas 30 empresas optan á construción da senda peonil na AC-305 en Boiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+
Ethel Vázquez na visita a Boiro

Ethel Vázquez na visita a Boiro

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, destacou hoxe que un total de 30 empresas presentaron as súas ofertas ao concurso público das obras de construción dunha senda peonil na estrada AC-305, en Boiro. Durante a visita que esta mañá realizou ao este municipio, a titular de Infraestruturas avanzou que o Goberno galego desenvolverá unha nova actuación de mellora da seguridade viaria nesta estrada, que suporá un investimento de 560.000 euros.

Ethel Vázquez visitou hoxe o concello de Boiro para analizar co alcalde deste municipio, Juan José Dieste, as actuacións previstas polo seu departamento. Así, confirmou que a Xunta prevé iniciar o vindeiro mes de abril os traballos de construción dunha senda peonil na AC-305, ao longo do quilómetro que separa a Travesía de Boiro da Cruz Vermella.

Esta acción iniciarase nesta primavera para que, no contorno do verán, os veciños de Boiro poidan desprazarse con maior seguridade viaria, e terá un investimento de máis de 160.000 euros.

Así mesmo, a consellería de Infraestruturas e Vivenda referiuse á nova actuación que se contratará nos vindeiros meses na mesma estrada AC-305, que consistirá en reforzo de firme e mellora das travesías, e na que a Administración autonómica investirtá 560.000 euros”.

Ethel Vázquez subliñou que “estas accións son resultantes do compromiso deste Goberno coa seguridade viaria e coa calidade de vida dos veciños e veciñas de Boiro e do Barbanza”.

Na reunión que mantiveron, o alcalde e a conselleira tamén as bonificacións no solo empresarial, que teñen permitido que en 2015 se vendesen no Concello de Boiro máis de 10.000 m2 de superficie. Ademais, o solo empresarial que queda dispoñible está a disposición dos emprendedores a través do réxime de “dereito de superficie”, un sistema de alugueiro simbólico ao que pode optarse no caso de que se prevea certo nivel de investimento ou de creación de emprego.

Senda peonil

A senda peonil prevista partirá das beirarrúas existentes no P.Q. 22+720 na travesía de Boiro cara ao enlace con la AG-11, continuando cara as instalacións da Cruz Vermella na contorna do pq. 21+790. Concretamente, saíndo desde Boiro cara a Vilariño, proponse a súa execución pola marxe esquerda hasta cruzar o paso inferior coa AG-11; para, posteriormente, pasar á outra marxe hasta o punto quilométrico 22+000 onde volta á marxe esquerda.

Esta implantación trata de aproveitar o espazo existente no dominio público da estrada, facilitando os movementos para os peóns e evitando a invasión da plataforma existente.

Así, a senda terá un pavimento de 1,8 metros (salvo casos específicos que se estreita a 1,5 m) de formigón coloreado sobre zahorra previo desmonte segundo proceda. Previamente, executarase a demolición da cuneta revestida existente naqueles tramos coincidentes coa senda e substitución por tubaxe PVC; a dos pavimentos anexos á plataforma; o traslado das sinais verticais afectadas; e a recolocación da barreira de seguridade afectada.

Por outra banda, faranse actuacións complementarias como a instalación dun tubo PVC en todo o trazado da senda para a futura implantación de alumeado público; unha varanda exterior de madeira cando a altura da senda supere 0,5 metros de altura sobre o terreo natural e a execución de pequenos muros de pedra granítica en determinados puntos para a contención de terras.

1 de febreiro de 2016 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.