publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Javier Aguilera destaca a empresa coruñesa Domotecnología y Seguridad como referente de emprendemento innovador

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+
Javier Aguilera na visita a Domotecnología y Seguridad. Foto: M. Fuentes

Javier Aguilera na visita a Domotecnología y Seguridad. Foto: M. Fuentes

O director do Igape, Javier Aguilera, destacou esta mañá nunha visita ás instalacións en Alvedro de Domotecnología y Seguridad a súa aposta pola innovación tecnolóxica, que converte o proxecto nun referente do emprendemento innovador que promove a Xunta. A empresa conta con financiamento do Fondo Galicia Iniciativas Emprendedoras e con axuda do programa Galicia Emprende.

Aguilera salientou o compromiso desta compañía co deseño, fabricación con patentes propias e instalación de modernos equipos de domótica e seguridade, en sintonía co que busca a Consellería de Economía, Emprego e Industria mediante o desenvolvemento da Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0.

A compañía coruñesa, cualificada como Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica, desenvolveu o sistema Authom que integra a domótica e a seguridade nun único equipo tecnolóxico, patentado pola empresa e que ofrece vantaxes como a facilidade de instalación e de manexo, o prezo ou o servizo técnico propio. O equipo Authom, ademais, é compatible con todas a centrais receptoras de alarmas existentes no mercado.

Durante a súa visita a esta empresa, Aguilera destacou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria activou para este ano, a través do Igape, convocatorias de axudas dotadas con máis de 30 millóns de euros para apoiar os novos investimentos, a mellora da competitividade, o funcionamento circulante ou a internacionalización das empresas.

Segundo salientou, o Igape mantén abertas, entre outras, as convocatorias dos programa Galicia Inviste, para apoiar novos investimentos a partir de 50.000 euros, e do programa Galicia Emprende, para proxectos promovidos por novos emprendedores con investimentos a partir e 25.000 euros. O director do Igape, por outra banda, destacou que, para apoiar a proxección do tecido empresarial galego cara a mercados internacionais, o Igape vén convocar axudas, que suman case 10 millóns de euros, para pemes galegas que buscan incrementar as súas exportacións.

8 de febreiro de 2016 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.