publicidade hoxe

A primeira ruta de sendeirismo do Obradoiro de Emprego Mos coa Mocidade percorreu o Camiño de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

Preto de 40 persoas participaron o pasado sábado na ruta de sendeirismo que o Obradoiro de Emprego Mos coa Mocidade organizou polo Camiño de Santiago, iniciando o percorrido dende a Asociación de Veciños Santa Ana de Veigadaña, con remate no Santiaguiño, parroquia de Guizán.

Esta iniciativa xurde para animar ós veciños e veciñas a facer exercicio, evitar o sedentarismo, ao tempo que coñecen o entorno das parroquias mosenses. A programación inclúe un xogo de pistas e un concurso fotográfico das paisaxes das rutas.

As seguintes saídas están programadas para o 12 e 19 de marzo. Son de balde, pero é necesario inscribirse previamente no teléfono 986487786 de luns a venres en horario de 9:00 horas a 13:00 horas.

A saída das andainas faise dende o Concello ás 09:30 horas, onde un autobús leva aos participantes cara ó comezo da ruta. É necesario acudir con roupa e calzado cómodo, algo para comer no descanso, e unha bolsa para depositar os residuos da comida.

O día 12 de marzo, a ruta será a do Sendeiro do Louro, onde os participantes camiñaránarroupados pola flora típica de ribeira, coma salgueiros e ameneiros. Con comezo no barrio do Castro, e tamén unha duración aproximada de tres horas, neste caso a dificultade da ruta será baixa. É posible apuntarse ata o día 10 de marzo. 

O día 19 de marzo realizarase a ruta dos Muíños de Pereiras que, cargados de historia e beleza, foron o sustento da supervivencia e vida do campo. Comezará na Igrexa San Miguel de Pereiras, onde tamén rematará. A dificultade desta ruta é baixa e, coma todas as andainas, ten unha duración de tres horas. O prazo de inscrición é ata o día 17 de marzo.

22 de febreiro de 2016 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.