publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación de Pontevedra confirma o seu compromiso co Grupo Municipal de Atención de Emerxencias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Por solicitude do Alcalde do Grove a Deputación de Pontevedra ven de ratificar por escrito o seu compromiso de manter a axuda económica para o mantemento do grupo municipal de atención de emerxencias. Trátase de ao redor de 41.000 euros que supuñan o 33% do custo do servizo e que cumprimentaba ás aportacións da Xunta de Galicia (26%) e do propio Concello (41%).

Tal e como se indica no escrito remitido dita aportación queda supeditada a que “a mesma se articule a través dun convenio de cooperación no que participen Concello, Deputación e Xunta de Galicia, nos mesmos termos e condicións que no anterior Convenio tramitado pola administración autonómica”.  Deste xeito o Alcalde do Grove xa mantivo as correspondentes reunións co Director Xeral de Emerxencias e o Director Xeral de Administración Local para solicitarlles repetir o que se tiña realizado en anos anteriores xa que este convenio que é crucial para manter o servizo dado que o custo do mesmo resulta dificilmente asumible en solitario polas arcas municipais. 

Logo destes primeiros contactos tense solicitado unha reunión co Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda e responsable da Consellería da que dependen os servizos de emerxencia para poder confirmar o referido convenio. Agárdase que dito encontro poida celebrarse o antes posible para poder confirmar a viabilidade deste servizo no Grove incidindo que se trata de repetir o realizado en anos anteriores. 

Lembramos que o importe que se cubriría con este convenio suporía poder cubrir o servizo durante seis meses (125.000 euros), pero é un punto de partida moi importante para poder seguir traballando para poder contar con fondos suficientes que cubran o servizo para a totalidade do ano. 

8 de febreiro de 2016 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.