publicidade hoxe

A compañía Concerlírica representa a ópera “Carmen” no Pazo da Cultura de Narón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioNarón
A-
A+

O espectáculo de ópera “Carmen”, con música de Georges Bizet, chega este sábado ao Pazo da Cultura da man da compañía Concerlírica. A cita será a partir das 20.00 horas e terá unha duración de case tres horas e media. Trátase dun drama de amor e celos protagonizado por Carmen, unha fermosa muller de raza xitana e forte temperamento que vivirá historias de amor e celos con tres homes – o cabo  Don José, o tenente Zúñiga e un famoso toureiro da época, Escamillo- que rematarán cun tráxico final. A peza está ambientada na cidade de Sevilla e os seus arredores no ano 1820.

A obra, baseada nunha novela de Prosper Merimée divídese en catro actos, nos que os diferentes personaxes –militares, xitanos, contrabandistas, xente da rúa, un taberneiro…- irán entrando en escena a medida que se desenvolve a historia.

O prezo das entradas é de 28 euros para o público en xeral e de 19,60 para os abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados. Poden adquirirse de xeito anticipado ou o propio día do espectáculo na taquilla do Pazo da Cultura.

18 de febreiro de 2016 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.