publicidade hoxe

Talleres de habilidades sociais e abuso do alcohol en Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+
Asistentes a un dos talleres

Asistentes a un dos talleres

O SPAD de Vilagarcía visitou hoxe ós alumnos de 1º e 2º da ESO do CPI Julia Becerra Malvar para impartir os talleres “Habilidades Sociais” (a 1º de ESO) e “Prevención uso/abuso do alcohol” (2º ESO).

No taller de “Habilidades Sociais”, os alumnos de 1º de ESO, ademais de recibir información sobre a drogodependencia, coñeceron a través de vídeos e un debate posterior as diferentes habilidades sociais para aprender a controlar a presión dos grupos e saber dicir non ó consumo de drogas menores (alcohol e tabaco). Os alumnos de 2º da ESO, pola súa parte, coñeceron tamén a través de vídeos e un debate, os riscos do uso e abuso do alcohol, xa que é na súa idade onde comeza o uso e abuso desta substancia.

Estas actividades enmárcase dentro do convenio que mantén o Concello de Ribadumia co SPAD e polo cal se desenvolven diferentes actividades ao longo de todo o curso.

8 de xaneiro de 2016 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.