publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ponte Caldelas acollerá unha carreira popular benéfica para recadar fondos para a AECC

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPonte Caldelas
A-
A+

O paseo fluvial de Ponte Caldelas, ata a praia con bandeira azul, convertirase no escenario da carreira popular benéfica “Fuck Cáncer” que terá lugar o vindeiro sábado 16 de xaneiro, a partir das 16 horas, para recadar fondos para a Asociación Española de Loita contra o Cancro.

O evento, que foi presentado no Consistorio, polo alcalde, Andrés Díaz, a presidenta provincial da Asociación Española contra o Cancro, María José Crespo e o especialista deportivo Mario Peso Paleo pretende contar cuns 200 participantes e terá un percorrido de 5 quilómetros, unha vez que se cumprimenten tres voltas ao circuito polo paseo fluvial, establecido entre a ponte vella e a praia fluvial con bandeira azul de Ponte Caldelas.

Os participantes maiores de idade terán que pagar 6 euros pola súa inscrición mentras que os menores só terán que abonar un euro. Todo o recadado irá destinado aos distintos programas que están levando a cabo desde a Asociación Española contra o Cancro en labores preventivas, así como en coidados paliativos, atención psicolóxica e social así como no referente ao cancro infantil. 

Asemade, por mediación dunha auditoria especialmente implementada para este tipo de cuestións, o 15% de todo o recadado irá dirixido á Fundación Científica de Axuda contra o Cancro, un centro investigador formado por prestixiosos científicos, algún galego, que están á procura de avances médicos para loitar contra esta enfermidade.

O ALCALDE PARTICIPARÁ NA CARREIRA SOLIDARIA 

Por outra banda, o alcalde Andrés Díaz agradeceu os esforzos que realiza esta asociación aprol dos enfermos de cancro e por engadidura por toda a sociedade e animou aos organizadores desta proba deportiva a contar con Ponte Caldelas para realizar cantas actividades destas características consideren precisas “xa que o noso municipio está especialmente sensibilizado con este tipo de causas benéficas como xa ten demostrado ao longo dos últimos meses. Ponte Caldelas é un concello solidario e así o ten demostrado e tamén estará presente a través dunha gran participación neste evento. Avísovos que eu tamén vou participar e saio coa idea de gañar”, dixo o alcalde en tono distendido durante a presentación a proba. 

Finalmente, o alcalde animou á cidadanía a participar na proba “por dous motivos, un pola importancia do evento en sí e outra porque calquer escusa é boa para practicar deporte. Desde o equipo de goberno temos moi claro que temos que promocionar a práctica do deporte non só entre os xóvenes senón tamén entre as persoas de tódalas idades. Deporte é saúde e si de paso contribúes modestamente á loita contra o cancro, dobre satisfacción”, concluíu Andrés Díaz.

8 de xaneiro de 2016 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.