publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio ambiente investirá preto de 1,2 millóns de euros en melloras de saneamento en Cotobade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde de Cotobade

Beatriz Mato na reunión co alcalde de Cotobade

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio investirá en Cotobade preto de 1,2 millóns de euros, con cargo a fondos europeos, co obxectivo de mellorar o saneamento do núcleo de Tenorio.

A titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde de localidade, Jorge Cubela, reuníronse hoxe para abordar este asunto, así como tamén trataron outros temas de interese para o concello.

Segundo acordaron, a Administración autonómica e a local asinarán un convenio de colaboración para acometer esta actuación, que tamén redundara nunha mellora do saneamento na Ría de Pontevedra.

O obxectivo marcado é licitar os traballos este mesmo ano.

27 de xaneiro de 2016 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.