publicidade hoxe

O xurado do Concurso de Proxectos Empresarial de Monforte decidiu os 10 finalistas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O xurado da 2ª Edición do Concurso de Proxectos Empresariais, e tras valorar a información aportada polos concursantes, resolveu que os finalistas son:

– TIJERA DE PODA AUTOMÁTICA

– MINDTASTIC (plataforma que permite desarrollar programas de adestramento cognitivo)

– PILGRIM (sistema electrónico para a xestión integral do camiño de Santiago)

– HORTA NA MESA (aplicación web para a comercialización de productos da horta)

– GREENAQUACULTURE (reciclaxe de augas procedentes da acuicultura)

– WIMBAG (dispositivo para localización de equipaxes)

– REPEX – RECICLADO ECOLÓGICO DE POLIESTIRENO EXPANDIDO

– ALDEAMENTO RURAL RIBEIRA SACRA

– CENTRO DE ELABORACIÓN DE YOGUR ARTESANO Y POSTRES LÁCTEOS

– APROXIMACIÓN AL APROVECHAMIENTO DE SEMILLAS OLEAGINOSAS EN GALICIA INTERIOR

Os concursantes deberán presentar o proxecto completo antes do 31 de Xaneiro, e defenderano ante o xurado o vindeiro 12 de Marzo de 2016. Os 3 gañadores recibirán os premios estipulados nas bases, de 10.000, 6.000 e 4.000 € respectivamente.

A Asociación Semente de Monforte, creada na vila lucense tras ser agraciada co premio gordo da lotería de Reis, puxo en marcha o concurso co patrocinio de 18 empresas e a colaboración de 3 universidades galegas e o apoio do Instituto Galego de Promoción Económica.

1 de decembro de 2015 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.