publicidade hoxe

A Xefatura de Tráfico da Coruña impartirá unha charla sobre seguridade viaria este mércores en Brión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

Coordinadoras de Educación Viaria da Xefatura de Tráfico da Coruña impartirá unha charla sobre seguridade viaria este mércores 16 de decembro, ás 10:00 horas, no centro social polivalente de Brión. A charla está aberta a toda a veciñanza brionesa, pois nela se ofrecerán normas e consellos para camiñar con seguridade polas distintas vías e se entregará un chaleco reflector a cada un dos asistentes. Trátase dunha iniciativa da Xefatura Provincial de Tráfico en colaboración co Concello de Brión.

 

14 de decembro de 2015 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.